Nueva donación al Archivo Histórico del PCE

As CC.OO. de Galicia. E a conflictividade laboral durante o franquismo – José Gómez Alén. – Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1995

“José Gómez Alén, historiador e presidente da Fundación 10 de marzo, preparou esta nova entrega da colección Crónica, As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, que constitúe a primeira historia sistemática sobre o sindicato de CC.OO. de Galicia durante a etapa franquista. Utilizando unha grande variedade de fontes documentais primarias: fundamentalmente actas de xurados de empresa; prensa, tanto legal como clandestina; expedientes de avogados laboralistas; documentación de empresas; e numerosas testemuñas orais a cargo dos protagonistas. O autor tenta recuperar así a memoria histórica daqueles homes e mulleres que aportaron o seu compromiso individual á construcción dun proxecto colectivo que servise como instrumento de loita socio-laboral para o conxunto dos traballadores. As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo proporciona unha aproximación global ó estudio da conflictividade industrial e da oposición obreira ó franquismo, buscando, tanto a reconstrucción dese proceso histórico, como de senta-los alicerces para futuros estudios de carácter monográfico ou local sobre as condicións ás que estaban sometidos os traballadores industriais durante o período de estudio, que abrangue desde o remate da guerra civil atao ano 1978, cando serecoñeceu a liberdade sindical. O libro de Gómez Alén subliña que a reconstrucción do movemento obreiro galego e o rexurdimento da conflictividade laboral de carácter colectivo están vencellados á aparición e consolidación dunha nova forma de organización sindical que rompe coas tradicións: as Comisións Obreiras. Sinala, tamén o autor, a dureza das condicións de traballo nas factorías e a influencia que sobre elas exerceu a introducción de novas formas de organización do traballo, deténdose, especialmente, na reconstrucción dos fenómenos de maior conflictividade, como foron os acaecidos en Vigo e Ferrol durante o ano 1972.”

Nueva incorporación al Archivo Histórico del PCE

TOULOUSE la rouge: Historias del exilio republicano español. – Dirección Marcello Peres y Nicola Tagliabue. – Madrid : Fundación Domingo Malagón, 2023

Toulouse la Rouge, dirigida por Marcello Peres y Nicola Tagliabue, es el primero de una serie de documentales sobre el exilio republicano producidos por la Fundación Domingo Malagón, en colaboración con Heracles Archaeology y con el patrocinio del Ministerio de la Presidencia Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática. Es un reconocimiento y un homenaje al heroísmo, el altruismo y la resiliencia de todas las exiliadas y los exiliados que desde Francia han resistido y luchado durante décadas para un país libre de dictadura, fascismo y monarquía. Toulouse fue el epicentro de la reorganización de la guerrilla, de los partidos, sindicatos, juventudes y movimientos sociales españoles en el exilio”.